CRTVG

Buscar

Ager Aketxe, o dez do Deportivo, estréase cun gran gol na vitoria contra o Oviedo

Publicado o 19/08/2019 21:58

É un dos xogadores chamados a ser protagonistas deste Deportivo. Co número dez as costas, o bilbaino Ager Aketxe presentou a súa perna esqueda cun gran gol para empezar a liga en Riazor.

Aketxe: "O equipo sobrepúxose á adversidade"

Christian Santos rescatou o equipo no minuto 88. Foi un partido con suspense de principio a fin porque xa no primeiro gol houbo que agardar a que Riazor estrease o VAR. Ó final todo saiu ben, ou case todo. Diego Caballo sufriu unha fractura dos osos propios do nariz. Necesitou cirurxía e terá que pór unha máscara para adestrarse os próximos días.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019