CRTVG

Buscar

Agárdase a chegada dunha borrasca con vento, chuvia e descenso de temperaturas

Publicado o 10/06/2020 15:07

Atrás que aqueles días quentes que nos regalara o aire cálido que viña do norte de África. As temperaturas xa suavizaron, pero achégase un cambio brusco e van baixar mais. Haberá que ir ao ropeiro por prendas de abrigo.

Dende Islandia viaxan directamente cara ao litoral galego un sistema de baixas presións que nos deixará mañá e o venres un descenso acentuado das temperaturas, especialmente as diurnas.

Trae consigo, ademais, ventos intesos e auga. O tempo seco das últimas semanas ten as horas contadas. Toca ver chover de novo. Pero o importante é a actitude. Ao mal tempo...

Para volver disfrutar do sol haberá que agardar que a borrasca marche e retorne con nós a influencia do anticiclón dos Azores, pero iso queda para a próxima semana.

Noticias web

10/06/2020