CRTVG

Buscar

Afúndese un iate no Mediterráneo con 17 persoas a bordo, que foron rescatadas

Publicado o 27/08/2020 16:29

As autoridades italianas investigan o incendio dun iate que acabou por afundirse fronte ás costas de Sardeña. A embarcación navegaba desde o porto sardo ata Capri cando empezou a arder.

Efectivos da Garda Costeira rescataron os 17 náufragos, oito turistas kazakhos e nove tripulantes, a bordo dun pequeno bote salvavidas. Puideron fuxir das lapas antes de que o Lady M-M, de 47 metros de eslora, desaparecera nas augas do mar Tirreno.

Noticias web

27/08/2020