CRTVG

Buscar

Afectados pola vaga de roubos na Zapateira pensan en contratar seguridade privada

Publicado o 25/09/2019 13:01

Tres residentes nestes bloques do barrio coruñés da Zapateira denunciaron roubos nos seus domicilios o domingo pasado. Polo menos dous deles perpetráronse o mesmo día e, ao parecer, nun período de tempo breve en que os propietarios se ausentaron das vivendas, entre as sete da tarde e as dez e media da noite. Outra persoa descubriu o asalto ao regresar dunha viaxe.

Os ladróns accederon aos edificios pola parte dos xardíns, forzaron as ventás e apoderáronse de cartos e xoias, supostamente coa complicidade dunha muller nova que estaría pendente dos movementos dos moradores.

A Policía Nacional investiga estes roubos que teñen moi preocupados todos os habitantes da urbanización xa desde o verán. Os veciños da rúa onde se perpetraron os últimos asaltos están en contacto para ver se contratan seguridade privada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019