CRTVG

Buscar

Aeroporto de Santiago: mais conexións internacionais e PCR obrigatoria para os que chegan do estranxeiro

Publicado o 30/11/2020 14:13

Veñan da Unión Europea ou de terceiros países, os viaxeiros que procedan dunha zona considerada de risco teñen que acreditar o seu negativo en coronavirus para cruzar as portas de calquera aeroporto español.

"Antes das 72 horas do voo hai que realizar unha PCR e viaxar con este certificado", cóntanos unha pasaxeira no aeroporto de Santiago. "Déronme un papel para encher, e dixéronme que tiña que facer PCR obrigatoria", comenta outra.

É obrigatorio rexistrar os datos no formulario de control sanitario e viaxar co comprobante da PCR a man, porque poden pedilo á entrada e á saída do avión. As multas por non levalo poden chegar ata 3.000 euros se se considera unha infracción leve e ata 60.000 euros se se considera grave.

Na web do Ministerio de Sanidade poden consultar dende que países se require PCR para entrar a España. No caso do aeroporto de Santiago, serán todas as rutas internacionais que está previsto abrir en decembro. Recupéranse as conexións directas con Ámsterdam, Londres, Bérgamo, Basilea e Xenebra.

Noticias web

30/11/2020