CRTVG

Buscar

Adxudican as primeiras parcelas da Plisan

Publicado o 30/12/2019 15:15

Xa están adxudicadas as primeiras cinco parcelas do solo empresarial da Plisan e tres serán as empresas beneficiarias que se encargarán de ocupar os primeiros terreos.

Tras a fomalización do novo contrato, coñecemos que unha desas empresas será a conserveira Albo, que ocupará un total 63.000 metros cadrados dsitribuídos en tres parcelas. Estímase que esta última investirá 25 millóns euros na Plisan, o que reforzará os lazos comerciais entre A China e Galicia.

As outras dúas empresas son a empresa Vallejo LowCost, con 3.000 metros cadrados, e o grupo tecnolóxico Arbinova con máis de 2000. En todos os casos os terreos foron adxudicados en dereito de superficie con opción de compra, unha modalidade que lles permite aos beneficiarios acceder a solo empresarial de forma rápida e con mellor financiamento.

Un pulo importante para a Plisan que sacará en 2020 unha nova convocatoria para a adquisión de máis terreos.

Noticias web

30/12/2019