CRTVG

Buscar

Adriana Lastra di que as mulleres teñen que "rebentar as rúas" o 8 de marzo

Publicado o 03/03/2019 14:44

Desde o PSOE, a súa vicesecretaria xeral, Adriana Lastra, asegura que" só hai un voto posible, o socialista", fronte aos "que negan que en España existe machismo e desigualdade".

Lastra lembrou en Alacante que o goberno de Pedro Sánchez foi o que presentou "os Presupostos más sociais da democracia" e sinalou que a xente está con ganas de votar para deixar atrás os recortes sociais.

De Ciudadanos dixo que son "puro marketing electoral" e definiu a Casado como un "torrente de crispación". Ademais, apelou a frear a aqueles que "branquean" a Vox e o seu "negacionismo da violencia de xénero".

Noticias web

03/03/2019