CRTVG

Buscar

Adriana Domínguez: "A crise é un acelerador dos cambios que deben facer as empresas"

Publicado o 05/06/2020 10:11

Nesta etapa foron moitas as empresas que decidiron dar un paso adiante e non deixar que o coronavirus modificase os seus plans de futuro. É o caso de Adolfo Domínguez, que conta con nova presidenta executiva, Adriana Domínguez, para quen "é unha honra capitanear a empresa".

Xa traballaban na sostibilidade e na dixitalización e a crise derivada da pandemia foi "un acelerador dos cambios". Camiñan cara a nova normalidade e Domínguez apunta que nestes momentos teñen abertas "o 21% das tendas".

 

 

Noticias web

05/06/2020