CRTVG

Buscar

Adolfo Domínguez acada os 115 millóns de euros en vendas

Publicado o 19/06/2020 14:17

A firma de moda galega Adolfo Domínguez medra en vendas nas 390 tendas das que dispón en 22 países. A empresa duplica o resultado operativo e acada os 115 millóns de euros en vendas de marzo do ano pasado a este mes de febreiro.

Quedan por avaliar os datos relativos ao impacto da Covid-19. Na actualidade teñen en marcha un ERTE que afecta máis do 80 por cento dos traballadores. A empresa abriu, polo momento, a metade das tendas.

Ademais, Adriana Domínguez presentou un novo proxecto de intelixencia artificial para reforzar a venda online, que aumentou un 25 por cento. Un sistema que permitirá seleccionar a través dun equipo de estilistas as pezas adaptadas a cada cliente sen ter que acudir á tenda.

Noticias web

19/06/2020