CRTVG

Buscar

Adif rectifica e pide pena de multa, e non cárcere, para o maquinista do Alvia

Publicado o 07/03/2019 20:22

O ADIF reduce substancialmente a petición de penas para o maquinista do Alvia accidentado en Angrois. Inicialmente pediu 4 anos de prisión e seis de inhabilitación por 80 homicidios por imprudencia, pero non pode facelo porque non está presentado como acusación polas vítimas. Só pode reclamar polos danos causados na infraestrutura. Por iso o avogado do Estado que representa o ADIF na causa pediu corrixir o erro e adaptar a pena a ese delito. Fixa para o maquinista 9 meses de multas, ou, en caso de non pagar, un día de privación de liberdade por cada día de multa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2019