Adían un xuízo contra dous albaneses por roubos en vivendas ao non haber intérprete nos xulgados
Na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago de Compostela compareceron os dous albaneses acusados de delito continuado de roubo con forza en 11 vivendas de Ourense e Pontevedra. A falta dun intérprete de albanés obrigou a adiar a celebración do xuízo.
Os dous homes de nacionalidade albanesa estan acusados dun delito continuado de roubo con forza en 11 vivendas das provincias de Pontevedra e Ourense, durante o mes de novembro de 2018, apoiados por outros tres concidadáns fuxidos e declarados en rebeldía. Á última hora da mañá quedaba suspendido o xuízo ante a falta dun intérprete de albanés solicitado polos acusados.
A fiscalía pide para ambos os dous penas de 6 anos de cadea polos delitos de roubo con forza en casa habitada, e tres anos máis para un dos acusados por falsidade documental. Ademais deberán facer fronte a unha indemnización que suspera os 80.000 euros polos obxectos roubados e os danos causados nas vivendas. Penas que poderían reducirse no caso de que aceptaran o acordo de conformidade.
A nova data do xuízo quedou fixada para primeiros de decembro, se ben quedaría visto para sentenza antes no caso de aceptación do acordo.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí