CRTVG

Buscar

Adían os resultados do informe PISA por "respostas inverosímiles"

Publicado o 15/11/2019 22:53
Adían os resultados do informe PISA por "respostas inverosímiles"

A OCDE atrasa por sospeitas de irregularidades as probas de lectura en España para o informe PISA, que avalía a calidade do ensino.
Falan dun comportamento de resposta inverosímil por parte dos estudantes en varias comunidades. Responderon en menos de 25 segundos máis de 20 preguntas, cando noutros países a media de resposta vai entre os 50 segundos e os dous minutos. En principio, descartan que se trate dun boicot, pero queren analizalo con detalle.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019