CRTVG

Buscar

Adestra corvos para a loita contra a avéspora asiática

Publicado o 01/10/2019 14:15

Nun lugar preto de Arcade, no concello de Soutomaior, está o laboratorio onde Alejandro Búa desenvolve o seu experimento de encarrilar os corvos para que coman as larvas das velutinas. Di que foron os propios corvos quen lle deron a idea, cando deixou aquí un niño con velutinas.

Alejandro Búa, explica que "ao día seguinte desde o meu cuarto vin que había un feixe de corvos carrexando no niño. Empecei a poñerlles niños -isto foi o ano pasado- cambiándoos de sitio, en lugares estratéxicos, para que tiveran que buscar. O corvo, ao ser un animal preeiro, ten moi bo olfacto. Funos cambiando ata que llos puxen en árbores e eles seguían comendo nas larvas. Non creo que vaian exterminar as velutinas, pero si serán dunha grande axuda para acabar cos niños que temos en altura, en eucaliptos de 30-40 metros que, ás veces ata co dron nos é difícil chegar a eles".

A clave do adestramento dos corvos está, segundo Alejandro, en facer que lles transmitan ás crías información do novo alimento e vaian aos niños.

"O que quero conseguir", di Búa,  "é que os fillos deses corvos que este aprendín, cando vaian cos pais a carrexen digan 'ei, mirade que aquí temos comida'. É o que estou intentando lograr; que xeración tras xeración eles mesmos se dean contan que nos niños da velutina van ter comida".

Mentres tanto, di, a mellor maneira de loitar contra as velutinas, mentres tanto, é a colocación de trampas para coller entre febreiro e marzo o máximo número de raíñas.

Segundo Alejandro Búa, nos último ano en Soutomaior retiraron uns 300 niños. Os máis peculiares exhíbeos na súa tenda de Arcade. Este quitárono da reitoral.

"Foi un dos niños máis grandes que saquei ata agora, porque un niño que teña doce cámaras de cría... xa estamos a falar dun niño que pode albergar máis de 7.000 ou 8.000 avésporas traballando".

Estoutro ten a singularidade de que estaba inmerso nunha silveira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2019