CRTVG

Buscar

Adaptan unha residencia de tempo libre para acoller campamentos de verán para nenos

Publicado o 17/06/2020 14:20

Na residencia de tempo libre do Carballiño traballan contra o reloxo. Contan con 78 cuartos que están a adaptar para un novo uso, os campamentos de verán, con todas as esixencias sanitarias. Tamén acondicionan as zonas comúns para garantir a máxima seguridade.

Todo estará listo para o 19 de xullo, cando arranca a primeira quenda. Será dunha semana cada unha. En total pasarán por aquí 80 rapaces. Tamén acollerá campamentos para persoas con discapcidade, catro quendas de dez días cada unha.

Unha alternativa de conciliación, pero tamén de lecer, para gozar da natureza e de actividades ao aire libre tras meses confinados.

Noticias web

17/06/2020