CRTVG

Buscar

Ninguén agardaba a situación que está a pasar o Lugo de Monteagudo

Publicado o 23/02/2019 15:31

A derrota da pasada xornada en Mallorca acendeu as alarmas no Lugo, decimoitavo na clasificación a tres puntos do descenso. Unha situación que ninguén agardaba tal e como recoñece un dos seus goleadores, Christian Herrera.

Christian Herrera. C.D. Lugo. "Non, nunca e menos polos xogadores que temos, pero esto é o fútbol, ao final tivemos un adestrador, non nos foron ben as cousas, agora está Alberto, tivemos unha mala racha, pero xa o dixen noutras entrevistas, creo que temos un gran equipo, creo e confío nos meus compañeiros, sei que son bos xogadores e estou convencido de que esto vai cambiar".

Para Herrera, o segundo máximo goleador do equipo, as solucións pasan por unha mellor lectura dos partidos.

Chrisitan Herrera. C.D. Lugo. "Temos que aprender a sufrir cando as cousas non nos van ben, aprender a ser máis listos cando temos o resultado a favor, evitar que se nos escape, sendo un equipo máis rochoso, máis xunto e que non haxan tantos espazos".

O encontro ante o Elche vai ser especial para Cristian por varios motivos. Por enfrontarse ao equipo co que debutou en Primeira marcándolle un gol ao Valencia no derbi da Comunidade e, sobre todo, polo que se xogan.

Christian Herrera. C.D. Lugo. "Eles estanse a xogar moito, pero nós aínda máis e non temos que fixarnos contra quen xogamos senón en dalo todo sexa contra quen sexa, tentar non encaixar e marcar".

Herrera está convencido de que a unión vai facer a forza.

Noticias web

23/02/2019