CRTVG

Buscar

Actos electorais de En Común-Unidas Podemos en Navarra e na Coruña

Publicado o 05/11/2019 21:42

A eurodeputada de Unidas-Podemos María Eugenia Rodríguez Palop estivo na Coruña arroupando o candidato ao Congreso por esta provincia. Reuníronse con diferentes colectivos para poñerlle solución, din, á emerxencia climática que se está a vivir. Falaron das súas propostas para coidar o medio natural e frear o cambio climático.

Tamén, En Común-Unidas Podemos celebrou acto de campaña na Universidade de Navarra. Irene Montero volveu a insistirlle a Pedro Sánchez nun goberno de coalición con Podemos para poñer en marcha, dixo, políticas sociais progresistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019