CRTVG

Buscar

Lonzas conmemora a festividade do Pilar

Publicado o 12/10/2019 14:43

En Galicia, a comandancia da Garda Civil na Coruña acolleu a conmemoración da festividade do Pilar. Durante a celebración foron condecorados varios axentes polos seus méritos en servizo e tamén houbo un recoñecemento ao garda civil máis lonxevo da provincia. O discurso do delegado do Goberno en Galicia clausurou o acto. Xavier Losada destacou a eficacia da Garda Civil, que contribuíu, dixo, a posicionar Galicia como o cuarta comunidade máis segura de España. Losada pediu un esforzo engadido para responder ás necesidades das vítimas da violencia machista e trasladoulle á Garda Civil o reto de loitar contra o despoboamento no rural.

Noticias web

12/10/2019