CRTVG

Buscar

Extinguido un incendio forestal que arrasou 22,34 hectáreas en Quiroga

Publicado o 05/11/2020 21:33
Extinguido un incendio forestal que arrasou 22,34 hectáreas en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informou de que a pasada noite quedou extinguido un incendio forestal que se produciu no municipio de Quiroga e que arrasou 23,53 hectáreas de monte arborizado.

Segundo a información facilitada pola Xunta de Galicia, o incendio comezou cando pasaban poucos minutos das seis da tarde na parroquia de Montefurado e non quedou definitivamente extinguido ata preto da medianoite.

Nos traballos de extinción participaron catro axentes, dez brigadas e seis motobombas.