CRTVG

Buscar

Controlado o incendio de Padrenda que queimou 150 hectáreas

Publicado o 27/02/2019 20:04

Arestora xa está controlado o incendio que afecta a serra do Laboreiro no concello ourensán de Padrenda. As lapas propagáronse dende Portugal. Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unhas 150 hectáreas en total.

Numerosos medios traballaron por terra e por aire para sufocar as lapas, que en ningún momento chegaron a supoñer unha ameaza para lugares habitados. En concreto, estiveron traballando, amais dos medios terrestres, dous helicópteros e un avión. 



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2019