CRTVG

Buscar

Activo un incendio en Chandrexa de Queixa que arrasou máis de 20 hectáreas

Publicado o 11/10/2019 18:15
Activo un incendio en Chandrexa de Queixa que arrasou máis de 20 hectáreas

Un incendio que afecta xa máis de 20 hectáreas permanece activo na parroquia de Requeixo do municipio ourensán de Chandrexa de Queixa, segundo informa a Consellería do Medio Rural. O lume iniciouse na tarde deste venres ás 16,08 e queimou unha superficie de máis de 20 hectáreas segundo as primeiras estimacións. Nas tarefas de control traballan dous axentes, dez brigadas, dúas motobombas, dúas pas e medios aéreos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí