CRTVG

Buscar

Activo outro incendio en Viana do Bolo, que queimou xa unhas 50 hectáreas

Publicado o 04/08/2020 19:04
Activo outro incendio en Viana do Bolo, que queimou xa unhas 50 hectáreas

Un incendio atópase activo no municipio ourensán de Viana do Bolo, na parroquia de Padrorramisquedo, tras queimar unhas 50 hectáreas.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o lume declarouse o luns ás 10.28 da mañá, afectando, polo de agora, 50 hectáreas de superficie. 

Nas tarefas de extinción traballaron, de forma acumulada, sete helicópteros, catro avións, dúas motobombas, 21 brigadas e seis axentes.

Por outra banda, ás 18.45 horas desta tarde quedou controlado o incendio rexistrado onte pola noite na parroquia de Rubiais, tamén no municipio de Viana do Bolo, que segundo novas estimacións afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas.

Para o seu control lévanse mobilizado ata o momento catro axentes, trece brigadas, sete motobombas e unha pa.