CRTVG

Buscar

Extinguido o incendio declarado en Ponteareas

Publicado o 27/03/2019 23:22

Numerosos efectivos terrestres seguían traballando a primeira hora da noite nun incendio no concello pontevedrés de Ponteareas. Segundo informou Medio Rural, comezou en catro lugares diferentes, polo que consideran que foi intencionado pero o incendio acaba de ser extinguido na noite deste mércores. A pesar da aparatosidade das lapas, non houbo perigo para a poboación. A superficie arrasada é de 3,5 hectáreas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2019