CRTVG

Buscar

As ferraxerías traballan sen descanso tras a súa reapertura

Publicado o 04/05/2020 19:51

O teléfono de Miguel soa máis que nunca. Decidiu abrir a súa ferraxería e son moitos os clientes que o chaman para pedir cita previa para ser atendidos. Tiña ben delimitada a separación para que a xente agardara a súa quenda.

Emociónase ao pensar que os clientes agardaron sete semanas a que abrira para comprar. A actividade foi frenética ao longo de toda a xornada.

Reposicións do día a día como accesorios de rotura de cisternas, iluminación ou pintura foron as cousas que máis vendeu.

Mentres non adopta as medidas de protección no interior da ferraxería, Miguel atende os clientes á porta.

Noticias web

04/05/2020