CRTVG

Buscar

Actívanse protocolos contra o 'xogo da morte' que deixara hospitalizada unha menor

Publicado o 31/05/2019 20:37

Acaba de recibir a alta unha menor madrileña que tivera que ser hospitalizada por practicar o denominado "xogo da morte".

Como amais este non é o primeiro caso que se detecta desta perigosa práctica, xa comezaron a activarse protocolos policiais en distintos lugares para alertar e para informar a alumnos, profesores e pais dos perigos deste insólito xogo que consiste en estrangular unha persoa ata que perde o coñecemento.

As autoridades chaman á prevención porque é unha práctica que se está a estender entre os adolescentes, que ignoran o gravísimo risco que contempla.

Noticias web

31/05/2019