CRTVG

Buscar

Activado un aviso amarelo por ondas de ata cinco metros no litoral galego

Publicado o 16/11/2020 14:57
Activado un aviso amarelo por ondas de ata cinco metros no litoral galego

Todo o litoral galego está a estas horas en aviso amarelo por ondas de ata cinco metros de altura. No caso da Costa da Morte, ese aviso vaise manter toda a xornada.

Ata as seis da tarde, concretamente, estará activado o aviso tanto na Costa da Morte como no litoral noroeste da provincia da Coruña.

Trátase dun aviso amarelo por mar de fondo con ondas de catro ou cinco metros de altura.

Noticias web

16/11/2020