CRTVG

Buscar

Activada a alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña e Lugo

Publicado o 08/12/2019 19:22

Situación complicada no mar. Hai un novo aviso laranxa con ondas que poden acadar os sete metros de altura nas costas da Coruña e Lugo.

Nas Rías Baixas o aviso é amarelo, con ondas de ata cinco metros de altura. Un aviso que se vai estender ata as nove da mañá deste martes. Porén na costa coruñesa e na Mariña lucense, desde esta medianoite baixará un chanzo e pasará a ser amarelo.

Malia todo, boa parte da frota si saíu pescar como os barcos de Burela, O Grove ou Cee. Porén os de Cariño, por exemplo, quedaron amarrados a porto.

 

Noticias web

08/12/2019