CRTVG

Buscar

Activada a alerta por inundacións polas enchentes dos ríos Umia e Verdugo

Publicado o 28/11/2019 19:47
Activada a alerta por inundacións polas enchentes dos ríos Umia e Verdugo

O servizo de emerxencia activou a fase de alerta do Plan de Protección civil por inundacións, ante a crecida dos ríos Umia e Verdugo. Así o informou o 112 Galicia con motivo da enchente de caudais nas canles fluviais mencionados e ante a posibilidade de "pequenas inundacións". En concreto, espéranse subidas repentinas de caudal e rebordamentos "puntuais" de terreos, espazos urbanos e propiedades.

É por iso que o 112 insta a poboación a reducir os riscos, abandonando as actividades neses espazos, retirando os vehículos da marxe dos ríos, evitando atravesar pontes ou torrentes. Os puntos galegos que rexistraron máis precipitacións este xoves déronse en estacións situadas por baixo dos 900 metros de altura, sobre todo en Fornelos de Montes (Pontevedra), con 49,4 litros por metro cadrado, e en Forcarei (49 litros por metro cadrado). Tamén se produciron chuvieiras intensas en Poio e Cuntis, na mesma provincia, con 44,3 e 44,1 litros por metro cadrado, respectivamente, ademais de no municipio coruñés de Lousame (41,5 litros por metro cadrado).