CRTVG

Buscar

Acreditar o dano, vital para que os seguros asuman os danos producidos por fenómenos atmosféricos

Publicado o 27/11/2019 21:22

Na actualidade, e segundo as asociacións profesionais de peritaxe, a maior parte dos seguros dan cobertura os danos producidos por fenómenos atmosféricos en bens patrimoniais como poden ser vivendas ou coches. Aínda así, existen uns limiares mínimos de 80 a 96 km/h en caso de vento e por chuvia de 40 litros por metro cadrado e por hora. Pero que pasa se non se chega a ese mínimo.

Acreditar a intensidade do fenómeno e poder xustificar os danos mesmo informes de bombeiros, policiais ou meteorolóxicos poden ser vitais para recibir a indemnización.

Aconsellan, sempre, asesorarse sobre que póliza se contrata para non ter sorpresas cando o dano xa se produciu.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/11/2019