CRTVG

Buscar

Acoso aos invitados e queima da foto do Rei nos exteriores do Palacio de Congresos

Publicado o 05/11/2019 08:44

Milleiros de manifestantes protestaron toda a tarde contra a presenza da familia real en Barcelona. Os momentos de máis tensión producíanse á chegada dalgúns invitados, que chegaron a encararse cos que lles impedían entrar. Un gran dispositivo de seguridade evitou que houbese grandes incidencias. 

Unha nova cazolada e pitidos nos exteriores do Palacio do Congreso, onde se entregaban os premios. Baixo o lema "Nin rei nin medo", milleiros de persoas acudiron á convocatoria de colectivos e asociacións independentistas contra a presenza da familia real en Barcelona.

1.300 policías blindaron e bloquearon os accesos ao edificio. Non puideron, con todo, impedir que os manifestantes increparan e mesmo acosaran algúns invitados que trataban de acceder a pé ao acto pola avenida da Diagonal. Ao líder do PP no concello de Barcelona, Josep Bou, impedíronlle acceder ao recinto e encarouse cos que o increpaban.

Entre insultos e cuspidelas, Bou acabou índose, e protexido por un axente finalmente puido acceder por outra entrada. Os manifestantes tamén prenderon fogueiras nas que queimaron fotografías do Rei e bandeiras españolas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019