CRTVG

Buscar

Acompañamos a Garda Civil de Tráfico nun control de alcol e drogas

Publicado o 25/02/2019 13:44

A Garda Civil realiza un control preventivo de consumo de alcol e drogas na entrada do acceso á AP-9. Queren garantir a seguridade do resto de usuarios.

Este tipo de controis fanse a calquera hora do día e en todo tipo de vías para evitar que a xente que consumiu se incorpore á estrada.

Os usuarios ven ben que se fagan este tipo de controis en calquera momento.

No tempo que permaneceu este control da Garda Civil só houbo un positivo por consumo de drogas. Seis puntos e 500 euros de multa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019