CRTVG

Buscar

Fan falta familias para acoller bebés de xeito temporal

Publicado o 17/11/2019 12:58

Dende a Cruz Vermella de Ourense fan un chamamento: precisan familias dispostas a acoller bebés e nenos pequenos a través do seu programa de acollemento familiar. Trátase dunha medida temporal de protección á infancia, que permite que os cativos medren de xeito seguro e feliz cando as súas propias familias non poden coidalos. 

Elena deulle moitas voltas antes de decidirse. Di estar ilusionada e nerviosa a partes iguais polo paso que vai dar. Na súa casa, canda os seus tres fillos vivirá en acollida os próximos meses un neno ou unha nena de entre dous e cinco anos. Elena Vázquez Barroso, nai de acollida.

O mesmo pensamento tiveron Patricia e a súa familia. No seu caso ten dous fillos que se ocupan tamén dos coidados da súa nova irmá. Forman parte do programa de acollemento dende o verán.
Patricia Blanco Nespereira, nai de acollida.

Neste momento hai 45 familias que forman parte desta rede de acollemento, pero precisan que se sume máis xente ao proxecto. Mónica Devesa Fernández, traballadora Social do Proxecto de Acollemento Familiar.

E lembran que o acollemento sempre é temporal, xa que se procura que os nenos regresen coas súas propias familias en canto poidan volver coidalos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/11/2019