CRTVG

Buscar

Acepta dous anos e medio de cárcere por atacar cun coitelo o compañeiro de piso

Publicado o 13/02/2020 13:38

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a dous anos e medio de cárcere un individuo que intentou acoitelar o seu compañeiro de piso. Non chegou a celebrarse o xuízo porque o procesado recoñeceu os feitos e a súa avogada negociou unha redución de condena co fiscal. Ademais, aplicáronlle a atenuante de adicción ás drogas.

O condenado estaba xa en prisión preventiva desde febreiro do ano pasado cando tentou acoitelar o seu compañeiro de piso e de traballo.

Noticias web

13/02/2020