CRTVG

Buscar

Acepta cinco anos e medio de prisión por intentar matar a noiva do seu ex

Publicado o 21/09/2020 17:46

Os feitos ocorreron en xullo do pasado ano. A acusada intentou matar a noiva do seu exmarido. Agachouse no descanso do quinto andar dun edificio onde vivía a vítima e cando chegou ameazouna cun coitelo.

Así conseguiu que entrara na casa e que tomara varios somníferos. Obrigouna a espirse e a meterse na bañeira. E fíxolle cortes nun brazo e nunha perna.

Quería que o asasinato parecese un suicidio. Pero a agredida berrou. Unha veciña que oíu o balbordo chamou a Policía. E os axentes conseguiron chegar a tempo para rescatar a muller con vida.

Este luns estaba previsto que a acusada declarase en xuízo, pero as partes chegaron a un acordo. Ela recoñeceu os feitos e aceptou 5 anos e medio de cárcere. Ademais, terá que indemnizar a vítima con 45.000 euros.

 

Noticias web

21/09/2020