CRTVG

Buscar

Tres mortos nas estradas galegas no comezo da operación especial de Nadal

Publicado o 23/12/2019 08:33

En vésperas do Nadal, a operación especial comeza da peor maneira. Dez mortos nas estradas españolas, tres en Galicia. O último foi un motorista, de 49 anos, que caeu desde unha altura duns tres metros, nun regato de Baiona, que levaba máis auga da habitual. Foi o terceiro accidente mortal.

O sábado, en Esgos faleceu un mozo de 22 anos. Perdeu o control da furgoneta nunha curva e caeu por un desnivel ata bater contra un muro. E en Ortigueira, unha muller faleceu atropelada de madrugada, cando aínda era noite.

Noticias web

23/12/2019