CRTVG

Buscar

Unha muller queda ferida nun accidente na Coruña

Publicado o 24/02/2020 22:04

Unha muller quedou ferida leve nun accidente na Coruña. Os bombeiros tiveron que liberala, ao envorcar o coche e quedar atrapada dentro do seu vehículo na rúa Javier López López.

Os bombeiros recibiron o aviso arredor ás 21.20 h da noite do luns. Ademais deles desprazouse ata o lugar o 061.