CRTVG

Buscar

Accidente múltiple en Compostela polo atropelo dun xabaril

Publicado o 05/01/2020 02:51
Accidente múltiple en Compostela polo atropelo dun xabaril

O atropelo dun xabaril na autoestrada AP-9 provocou un accidente múltiple no que se viron implicados unha ducia de automóbiles. O sinistro ocorreu contra as once da noite no quilómetro 73 da autoestrada, en dirección á Coruña, ao seu paso por Compostela.

Non foi o único sinistro provocado por un animal. Un turismo atropelou un cabalo na N-VI á altura do concello de Begonte. Non houbo feridos. Tampouco o animal sufriu danos. Pola tarde producíase outro atropelo dun xabaril na A-8 ao seu paso por Abadín, en sentido Baamonde. Tampouco houbo vítimas nesta ocasión.