CRTVG

Buscar

Accidente múltiple con seis turismos e un camión en Melón pola chuvia

Publicado o 05/03/2019 20:39

A intensa choiva desta tarde puido estar detrás de varios accidentes acontecidos na Cañiza, en Bouzas, cunha persoa ferida, e en Melón. Este último foi un sinistro múltiple en que se viron implicados seis turismos e un camión. Aconteceu pasadas as cinco e media da tarde na A-52, en sentido a Benavente. Non foi preciso cortar a autovía, pero si que se produciron importantes retencións. Malia que nun principio asistiron numerosos servizos de emerxencia a acudir os condutores e ocupantes, non se rexistraron feridos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019