Accidente mortal en Ponte Caldelas
Publicado o 02/11/2019 17:09

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida nun accidente mortal en Ponte Caldelas. Segundo informa o 112 Galicia, foi necesario o uso de material de excarceración.
Tamén interviñeron os servizos sanitarios, bombeiros de Pontevedra e do Morrazo e a Garda Civil de Tráfico.