Accidente mortal de tractor en Vigo
Publicado o 07/11/2020 21:24
Un home de avanzada idade perdeu a vida esta tarde cando o tractor que conducía envorcou. Aconteceu nun camiño da parroquia viguesa de Matamá. O tractorista precipitouse desde unha altura de metro e medio e quedou atrapado debaixo do vehículo agrícola. Un particular alertou aos servizos de emerxencia pero o equipo da UVI móbil do 061 só puido certificar o seu falecemento.
Máis sobre actualidade
28/01/2021 15:45
28/01/2021 15:20
28/01/2021 15:17
28/01/2021 15:16