CRTVG

Buscar

Accidente de tráfico mortal con dous falecidos na estrada de Monforte a Castro Caldelas

Publicado o 16/08/2019 21:21

Unha parella de motoristas, un home e unha muller, veciños de Monforte, faleceron esta tarde tras impactar o seu vehículo contra un coche na estrada provincial LU-903, á saída de Monforte de Lemos en dirección a Castro Caldelas.

O home morreu no acto, nun brutal golpe frontal da moto contra o coche, mentres que a muller, que saíu despedida a uns 50 metros, faleceu pouco despois. Os equipos de urxencias trataron de reanimala durante tres cuartos de hora.

Ademais dos servizos sanitarios foi precisa a intervención dos bombeiros, policía local e protección civil de Monforte, e Garda Civíl de Lugo, que investiga as causas do accidente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí