CRTVG

Buscar

Acabaron as advertencias: primeiras multas de 100 euros por non levar máscara

Publicado o 10/07/2020 14:00

Na estreitura das ruelas de Combarro non se pode gardar a distancia de seguridade. Avisos por toda a zona histórica recordan o uso obrigatorio da máscara no rueiro que volve estar frecuentado por turistas. Neste enclave do concello de Poio, a Policía Local xa impuxo unha vintena de sancións. Eran, sobre todo, visitantes que non levaban máscara.

No Porriño foron sancionados uns mozos que estaban facendo botellón nun parque lindeiro ao albergue de peregrinos e os clientes dun bar de copas.

Rematado certo período de adaptación á norma, moitas policías locais empezan a impoñer as multas de 100 euros que marca a lei. Na comarca da Barbanza xa van un cento de denuncias, en Pontevedra aos dous ocupantes dun coche e en Vigo identificaron ao organizador dun torneo ilegal de fútbol que congregou 150 persoas sen medidas de seguridade.

Noticias web

10/07/2020