CRTVG

Buscar

Absolven por falta de probas o único acusado do crime da CAM

Publicado o 18/11/2019 15:29

A Audiencia de Alacante absolveu a Miguel López, xenro da viúva da CAM e único acusado do crime, dun suposto delito de asasinato e outro de tenza ilícita de armas.

Na sentenza, ditada este luns, recóllese que o xurado popular declarou non culpable a López do asasinato da súa sogra porque ninguén o viu e por falta de probas de que el efectuase os disparos que causaron a morte da muller.

A presidenta do tribunal explica que o veredicto de non culpabilidade recibiu os votos a favor de seis dos nove membros do xurado popular.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019