CRTVG

Buscar

Abren algúns pasos fronteirizos con Portugal, pero con limitacións

Publicado o 01/06/2020 20:20

O paso transfronteirizo de Tourem, entre Calvos de Randín e Montalegre, levaba dous meses e medio pechado. A partir de hoxe, aínda que con restricións, cambian as cousas para os seus veciños a ambos lados da raia. Só se permitirá o paso dous días á semana: os luns e os xoves e cun horario reducido: de seis a oito da mañá e de cinco a sete da tarde. 

A raia non separa os lazos económicos, nin os sociais, nin culturais. Por iso noutras zonas de Galicia e Portugal reclaman recuperar esa mobilidade entrambos países canto antes. É o caso de Baltar, de Valença, ou a localidade de Tui. Aquí despois de semanas de restricións piden a reapertura dun segundo paso fronteirizo. Queren así recuperar a súa actividade e evitar ter que cubrir grandes distancias ante a falta de pasos abertos a ambos lados da raia.

Actualmente está permitido o paso de mercadorías e o desprazamento dos traballadores transfronteirizos entre España e Portugal. Pero só por Tui, Tourem ou a fronteira de Verín e Chaves. Todos alertan das graves perdas económicas que están causando os peches.

Noticias web

01/06/2020