CRTVG

Buscar

Abre o Salón do Cómic da Coruña, coa ollada posta na banda deseñada infantil

Publicado o 17/08/2020 20:58

Un Salón do Cómic que este ano ten como obxectivo achegar a variada realidade da banda deseñada infantil e xuvenil tanto española coma internacional

"Este ano cando tivemos que reprogramar todo decidimos que ere unha boa ocasión para saldar tamén esa débeda que tiñamos co comic infantil e xuvenil que foi o gran esquecido durante moitísimos anos", di Miguelanxo Prado.

Neste ano tan atípico Viñetas desde o Atlántico conseguiu manter a súa programación pero suxeito aos estritos protocolos sanitarios da Covid-19. Isto é reduciranse os espazos, pola distancia de seguridade e polo tanto a afluencia de público.Entre outras medidas,as figuras que presiden o Kiosko Alfonso, sede do Salón, están desta volta dentro do estanque para evitar que a xente se achegue a elas e as toque.

"Para nós era moi importante conseguir organizar cando menos o núcleo duro de Viñetas que son as exposicións , a feira de libreiros para que o público poida ter ese contacto directo e oir tanto logralo xa foi un éxito", afirma Miguelanxo Prado.

Tamén manteranse as sinaturas cos autores asistentes, que nesta ocasión son menos que noutros anos e tamén a rúa da banda deseñada,onde as editoriais mostran as súas últimas novidades.

"É un ano complicado, pero para nós é unha alegría enorme que Viñetas apostase por seguir facendo unha feira cando a maioría dos eventos, debido ás limitacións, están pechando".

A vixésimo terceira edición de Viñetas desde o Atlántico prolongarase ata o próximo día 23, aínda que as exposicións seguirán abertas ata o 13 de setembro.

Noticias web

17/08/2020