CRTVG

Buscar

Abre o prazo para inscribirse nas listas de emprego temporal da Xunta

Publicado o 02/03/2020 08:23
Abre o prazo para inscribirse nas listas de emprego temporal da Xunta

Ábrese o prazo para inscribirse nas listas da Xunta de emprego temporal. Son prazas para cubrir vacantes e substitucións, e hai 32 listas: para escolas infantís, centros de atención a maiores ou traballos tan variados como gardacostas.

O prazo vai estar aberto ata o 30 de abril. Pódese anotar calquera persoa que teña a titulación requirida para o posto. Os que xa están nas listas non se teñen que volver apuntar, pero si que poden actualizar méritos.

Noticias web

02/03/2020