CRTVG

Buscar

Abre o parque acuático de Cerceda, con novos protocolos de seguridade

Publicado o 03/07/2020 15:00

Acaba de abrir unha nova temporada e xa ten os primeiros usuarios. E xusto neste ano en que fai o seu vinte aniversario, celébrao con medidas especiais e tamén con novas dimensións.

O Aquapark de Cerceda amplíase: 32.000 metros cadrados máis que axudarán a manter as distancias de seguridade entre os visitantes. Circuítos de entrada e saída, distancia e control da acollida son algúns dos requisitos a cumprir coa axuda do persoal.

Protocolos para os traballadores, para o mantemento das instalacións e para hixiene do material, pero tamén para os visitantes. Para recordárllelas hai paneis en todo o recinto, pero os que chegaban hoxe viñan xa bastante informados e con moitas ganas.

 

Noticias web

03/07/2020