CRTVG

Buscar

Abre as súas portas o Culturgal, este ano cun formato semipresencial

Publicado o 27/11/2020 21:28
Abre as súas portas o Culturgal, este ano cun formato semipresencial

Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, abriu as súas portas esta tarde en Pontevedra. Esta decimoterceira edición desenvólvese baixo o lema 'En caso de emerxencia: cultura'. Por mor da covid, o formato deste ano será semipresencial, e vaise retransmitir en streaming a través da internet. A programación inclúe, con todo, seis espectáculos en vivo. Culturgal estará aberto ata o domingo.
 

Noticias web

27/11/2020