CRTVG

Buscar

Abre as súas portas a nova biblioteca pública de Ourense

Publicado o 23/12/2019 14:43

Tres plantas e soto, 6.000 metros cadrados de superficie, con distintos espazos que albergan preto de 200.000 documentos. Conta con 450 postos de lectura para todas as idades. É a nova biblioteca pública de Ourense. Para facela realidade foron precisos 20 anos de espera e 12 millóns de euros de investimento.

De titularidade estatal está xestionada pola Xunta e incluída na rede de bibilotecas públicas de Galicia. O nome deste novo espazo elixirano os ourensáns a través dun concurso de ideas.

A nova biblioteca de Ourense forma parte do conxunto cultural de San Francisco, onde está previsto que este verán se inaugure tamén o arquivo histórico provincial.

Noticias web

23/12/2019