CRTVG

Buscar

Abordan en Ourense a prostitución, coa pornografía no punto de mira

Publicado o 23/09/2019 21:25

O documental Serás hombre, da directora salmantina Isabel de Ocampo, serve como fío condutor das xornadas, en que se aborda a prostitución como un problema xerado pola demanda dos homes e que sofren as mulleres.

Con todo, vense indicios de cambio na sociedade española, como unha maior concienciación sobre o problema. Aínda que, pola contra, hai datos como o aumento do consumo da pornografía e a idades cada vez máis temperás que fan saltar as alarmas.

Dende os colectivos feministas din que o problema non resolve coa legalización da prostitución nin coa criminalización de quen a exerce. Piden actuar contra os que se lucran do negocio.

Galicia, como porta de entrada a Europa dende suramérica, segundo os expertos ten particularidades que agravan o problema da prostitución no noso país.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019