CRTVG

Buscar

Aberto ata o 26 de marzo o prazo para solicitar o voto por correo para o 5-A

Publicado o 11/02/2020 19:33
Aberto ata o 26 de marzo o prazo para solicitar o voto por correo para o 5-A

Os cidadáns que queiran votar por correo nas eleccións ao Parlamento galego poden solicitar ata o día 26 de marzo, en calquera oficina de Correos de España, o certificado da súa inscrición no censo electoral de Galicia. A obtención deste certificado é requisito imprescindible para poder emitir o voto por correspondencia. Segundo informou Correos, esta solicitude debe ser realizada persoalmente por cada elector, salvo en caso de enfermidade ou discapacidade acreditadas mediante certificación médica oficial que impida a formulación persoal da devandita petición, que poderá ser presentada en nome do elector por outra persona autorizada notarialmente ou consularmente.

No momento de formular a solicitude, os interesados deben acreditar a súa personalidade presentando ante o empregado da oficina postal o DNI, pasaporte ou carné de conducir orixinais. Correos entregará as solicitudes recibidas nas delegacións provinciais correspondentes da Oficina do Censo Electoral, quen enviará aos solicitantes, entre o 16 e o 29 de marzo, a documentación necesaria para que poidan exercer o voto por correo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí